A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
fundación luis tilve
____________________________________________________________________________

Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90
Fax:  981 56 68 30

                                 fluistilve@hotmail.com                                      fluistilve@fundacionluistilve.org



Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Exposicións
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
BASES CONVOCATORIA PREMIOS LUIS TILVE 2009

______descargar folleto das bases 2009______

 

PREMIOS LUIS TILVE 2009

A Fundación convoca os PREMIOS LUIS TILVE 2009, conforme ás consideracións xerais, contidos e bases que se indican a continuación:

Consideracións Xerais:

Os premios serán tres, denominados “TRABALLO DIGNO”, “ACCION SOLIDARIA” e “DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMUNS” e “INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA”. Irán destinados a persoas, asociacións ou entidades que merezan ver destacado o seu traballo e premiada a súa labor, como exemplo e factor de estímulo positivo diante da comunidade galega, en relación os valores que se pretende impulsar.

O Xurado, está presidido por Fernando González Laxe, Catedrático da Universidade de A Coruña e Presidente de Honor da Fundación, e integrado por: Salvador Fernández Moreda, Presidente da Deputación Provincial de A Coruña; Álvaro Ansias Bacelar, Director Xeral de Promoción do Emprego na  Consellería de Traballo da Xunta de Galicia; Carmen Avendaño Otero, Presidenta de Érguete; Rosalía Mera Goyenechea, Presidenta da Fundación Paideia; Tareixa Navaza González, periodista; María Xosé Rodríguez Galdo, Catedrática da Universidade de Santiago; María Dolores Rodríguez Amoroso, Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia; José Antonio Gómez Gómez, Secretario xeral da UGT de Galicia; e Roxelio Pérez Poza, Secretario da Fundación Luís Tilve.

 

Contidos:

1.- Premio “Traballo Digno”.

Distinguirá e premiará aqueles actos e realizacións que constitúan unha referencia do que debe ser un traballo digno para todos, sen diferenzas de sexo, raza, nacionalidade, relixión, ou ideas políticas.

Neste senso cabe referirse a:

  1. Cuestións destacadas, conseguidas e consignadas en convenios colectivos ou pactos de empresa.         

 

  1. Iniciativas de formación profesional que en calquera das súas modalidades (regrada, ocupacional, continua, etc.) destaquen como contribución a un traballo de calidade para persoas e colectivos, e axuden de xeito singular a creación ou mantemento de postos de traballo, ou a unha significativa mellora das condicións de traballo.

 

 

  1. Iniciativas sindicais e empresariais que teñan servido para mellorar de xeito salientable a prevencións de accidentes, así como as medidas de seguridade e hixiene no traballo.
  1. Actuacións, acordos e iniciativas para suprimir ou reducir substancialmente a contratación en precario e a eventualidade.

 

  1. Persoas que a través da súa actividade profesional teñan contribuído de xeito destacado o fomento do emprego e dun traballo digno tanto no ámbito da industria, do agro ou da pesca, como no campo da docencia ou doutras actividades profesionais a través de artigos e traballos nos medios de comunicación, libros, reportaxes, ensaios ou doutros medios.
  1. Iniciativas que a través do traballo axuden a unha mellor integración social de persoas ou colectivos.

 

  1. Iniciativas que teñan contribuído de xeito notable á integración dos traballadores e traballadoras inmigrantes e ao recoñecemento e respecto dos seus dereitos.
  1. Iniciativas que creen emprego, particularmente a través de cooperativas e pequenas e medianas empresas, respectuosas co medio ambiente.

 

2.- Premio “Acción Solidaria”.

A Unión e a solidariedade son valores históricos do movemento sindical, que as sociedades democráticas teñen asumido como propios e que a Fundación Luís Tilve quere impulsar como un ben común fronte o individualismo, as actitudes discriminatorias, clasistas ou xenófobas.

As accións solidarias son característica dos grupos humanos que avanzan a progresan. A auténtica solidariedade alimenta a convivencia xusta, o respecto político e a paz. E Fundamental, con esta orientación, compartila loita contra as inxustizas, as adversidades e as catástrofes, así como as súas causas.

Dende esta perspectiva distinguirse e premiarase calquera iniciativa que contribúa ó avance dos obxectivos mencionados. Singularmente e a modo de exemplo:

  1. As accións solidarias con traballadores e traballadoras en dificultades, con motivo de folgas, peches de empresas, despedimentos, sancións inxustas, etc.

 

  1. Accións concretas e eficaces de solidariedade internacional.
  1. Campañas e actividades concretas para combater as causas da pobreza, das enfermidades, da explotación dos seres humanos, da guerra, etc.

 

  1. Accións concretas de solidariedade coas vítimas de accións terroristas, ditaduras, mafias, abusos de todo tipo.
  1. Accións eficaces de solidariedade coas vítimas de catástrofes, accidentes ou situacións de necesidade.

 

 

Aos efectos anteriores, consideraranse accións solidarias, ademais de actos ou xestos concretos, á publicación de manifestos, declaracións, artigos de prensa, programas nos medios de comunicación, organización de actividades públicas de carácter cidadán, estudios, libros, etc.

 

3.- Premio “Defensa do medio ambiente e dos bens comúns”.

A esixencia dunha actividade económica, produtiva e industrial, respectuosa co medio ambiente, é algo que se fai mais patente e xeneralizado cada día, tanto por parte dos traballadores e traballadoras como da cidadanía en xeral. É tamén unha demanda cara ao inmediato futuro. Neste senso o crecemento económico sostible é un referente estratéxico fundamental.

Ao falar de medio ambiente queremos referirnos a ese ben común, ben de todos, que non se debe converter en monopolio privado ou negocio de ninguén, como é a propia terra que habitamos: os ríos, a auga, o mar, o aire que respiramos, os bosques, a biodiversidade, os coñecementos humanos, a lingua e a cultura compartidas, as terras comunais, etc.

Tamén é importantísimo e necesario defender outros bens comúns, bens de todos, que tampouco poden converterse en particular negocio, e menos aínda monopolio. Referímonos a servizos públicos como a saúde, a educación, a seguridade social, os programas de asistencia social, a depuración e subministro de auga potable, a información, a seguridade colectiva, os ferrocarrís, os servizos postais, as cadeas, o transporte aéreo, os museos, as institucións culturais, os dereitos humanos, a atención aos maiores e aos nenos, etc.

Trátase igualmente de premiar aquelas iniciativas concretas encamiñadas a frear a ofensiva privatizadora dos bens públicos, que conduce a unha sociedade máis empobrecida, dualizada,  coas liberdades mermadas, e a propia democracia limitada e empequenecida, ameazando ao estado moderno de impotencia para facer fronte aos problemas actuais.

As posibilidades de accións concretas e iniciativas a destacar e premiar son moi amplas, e comprenden dende traballos periodísticos ate estudios rigorosos, traballos de profesionais, de alumnos, actividades culturais e de divulgación, así como tamén accións cívicas, incluídas mobilizacións e manifestacións sociais diversas, sempre pacíficas.

 

4.- Premio “Investigación e Divulgación Histórica”.

Distinguirá e premiará os estudios, investigacións ou traballos de divulgación no eido das ciencias sociais, históricas e xurídicas, relativos o mundo do traballo e da empresa, particularmente no referido ás relacións laborais, á historia das organizacións sociais, políticas e, singularmente, do sindicalismo e da súa problemática na sociedade actual, o cooperativismo, a emigración e inmigración, e en xeral canto concirne ás condicións de vida e de traballo.

Bases:

1.- Poderán optar aos premios tódalas seccións sindicais, sindicatos comarcais, unións e federacións das organizacións sindicais democráticas con presenza en Galicia. Igualmente tódalas persoas a título individual, así como calquera asociación ou entidade legalmente establecida na nosa comunidade.

2.- Poderán facer propostas tódalas persoas físicas, inclusive os membros do Xurado a título individual, así como calquera asociación, organización ou entidade legalmente establecida en Galicia.

3.- As propostas presentaranse por escrito, dirixidas a:

“Premios Luís Tilve 2009”.
Avda. Cruceiro da Coruña, nº 22, baixo.
15705 - Santiago de Compostela.
Tlf: 981 58 54 90 – Fax: 981 56 68 30.
E-mail: fluistilve@hotmail.com
http://www.fundacionluistilve.org

Facendo constar:

  1. Nome, enderezo e teléfono da persoa ou entidade propoñente, ou, no seu caso, nome e datos de identificación da persoa ou entidade proposta.
  2. Premio ao que se opta ou ao que se postula.
  3. Informe dos feitos que motivan a proposta. (Ditos feitos non poderán ser anteriores o 1 de Setembro do ano 2007).

 

4.- A data límite para a presentación de propostas será o día 17 de maio do ano 2009.

5.- Os premios consistirán nunha figura en bronce de dúas mans entrelazadas sobre unha base de granito negro de Campolameiro, obra exclusiva do artista César Lombera, e no seu caso a publicación do traballo premiado.

6.- A entrega dos premios realizarase nun acto público que terá lugar en LUGO, o 19 de xuño do 2009.

7.- O Xurado poderá outorgar distincións honoríficas a aquelas propostas que considere merecedoras das mesmas.



 

                    

 



FUNDACION LUIS TILVE